martes 29 de septiembre de 2009
SOS
viernes 25 de septiembre de 2009
verbas

Rúa Travesa, número 29. SANTIAGO DE COMPOSTELA (onde senón???)
miércoles 23 de septiembre de 2009
terapia

lunes 21 de septiembre de 2009
feliz
Andaba eu arranxando o mundo, pensando ata que punto a xente é mala (diferenciar de chunga), fai cousas malas, ata que punto che afectan a tí, vamos que andaba mirando para os pés sumida nestes pensamentos negativos, cando seguindo un impulso virei a ollada para o ceo, e vin este sol de setembro, e vin a miña familia, as miñas nenas, o meu neno, vin saúde, vin os cartos precisos para ter todo o necesario e un pouquechicho máis, vin risos, bicos, agarimos, noites de troula, viaxes, vin melodías, poemas, libros, vin a xente que non está pero estivo, vin intres do pasado, vin o momento presente, e non vin o futuro porque o outro día esnaquicei a bola de cristal.Porque todos temos motivos para ser felices, temos que procurar atopalos aínda que se agochen, que as veces xogan con nós os caralludos.
"¿Qué hace falta para ser feliz? Un poco de cielo azul encima de nuestras cabezas, un vientecillo tibio, la paz del espíritu"
ANDRÉ MAUROIS
viernes 18 de septiembre de 2009
facer...ou non facer...
MADRE TERESA DE CALCUTA
Casi todo lo que realice será insignificante, pero es muy importante que lo haga.
MAHATMA GANDHI
As máis das veces deixamos de facer cousas por pensar que van servir de pouco, que a actuación dunha persoa soa non vai a trocar nada. Se todos pensaran o mesmo ninguen faría nada. Hai que ser realista e non perder o contacto dos pes na terra, pero o mesmo tempo saber que se actúas correctamente aínda que sirva de pouco, a túa actuación sempre estará ahí.
A actitude mais doada ante os problemas é a de "a sociedade está montada así, eu só non vou trocar nadiña, bla bla bla bla". Algo sí vas a trocar, cando menos o teu xeito de velas cousas e a satisfacción de te sentires ben contigo mesmo.
Toda esta reflexión ven porque estou a leer un escrito sobre Teresa de Calcuta e quedo abraiada, aínda que un pensa que xa o coñece todo sobre esta muller, acábate impresionando igualmente.
Bon finde!!!
miércoles 16 de septiembre de 2009
lei seca
Estamos en época de prohibicións, érache o que nos cumpría, non nos chega coa crise e coa gripe agora ademáis:Non podemos correr pola rúa: se a tua avóa, xorda coma unha tapia, está a punto de ser atropelada por un autobús escolar, non se che ocorra correr para salvala, mellor vai encargando unha coroa, lembranza do teu querido neto.
Non podemos cantar na rúa: ten coidado co mp3 e o tarareo, será por se chove?
Non podemos xogar coa pelota na rúa: os nenos a casa, a xogar coa consola ou a ver a Esteban na tv.
Non podemos beber nen comer na praia: hai que saír da casa bebido e comido, que diran os que venden neveiras de praia???
Non podemos escoitar música na praia nen tampouco podemos ir en traxe de baño polo paseo marítimo: aquí os que venden os pareos estarán contentos, aínda que en pareo poderase ir o chiringuito ou tampouco???
...
...
Fágome unha pregunta, o que redacta estas prohibicións vai a praia? fai footing pola rúa? ten mp3? ten fillos? é humano???
Realmente a solución ós problemas radica na prohibición? Non sería mellor actuar dende a educación en certos valores fundamentais que fixeran innecesarias certas prohibicións?
Para cando unha que prohiba os políticos rirse de nós???
lunes 14 de septiembre de 2009
javier marías
JAVIER MARÍAS

viernes 11 de septiembre de 2009
enriba...debaixo

miércoles 9 de septiembre de 2009
atención

lunes 7 de septiembre de 2009
volta

Chegou Setembro e con el a volta; a volta o traballo despois das vacacións; a volta á clase; a volta á roupa amorosa; a volta a rutina do inverno.
Este ano parece que a cousa vai a estar máis difícil do acostumado, seguimos coa crise económica, que de momento non parece que queira remitir, por moito que digan os que mandan. E por se fora pouco e non nos chegara coa de toda a vida chega a gripe A, onde vai aquela inofensiva do nariz coma un pemento, a tos cavernosa e a cabeza estalando que se curaba con sete días na cama coa bolsa de auga quente e metendo a cachola na pota con eucalipto???.
Eu tras pensalo e tras escoitar distintas opinións, este é un deses casos raros nos que cada persoa ten unha opinión formada e indiscutible, vou optar por non preocuparme e por evitar ver ou leer as novas, que non fan máis que meternos cada vez máis medo, non sei se por afán informativo ou por algún interese ou negocio oculto.
O que non quero tampouco chegar a facer é o de deixar de dar bicos, apertas e tocamentos varios, porque se me quitan o contacto humán, non sei se me merece máis a pena collela gripe.
Como diría aquel roedor da miña época: non esquenzades super mineralizarvos e vitaminarse!!!
viernes 4 de septiembre de 2009
mal día???

Tiven que lle facer un encargo a miña nai na farmacia e alí atopeime cunha señora que facía ben tempo que non vía, é unha desas persoas admirables por manter un sorriso eterno na cara a pesar de todo o malo que lle acontece, unha desas persoas que fan que te sintas ben só con adicarche unha mirada... e adicouma, unha mirada, un sorriso, un María canto tempo!!!!, unha aperta e catro bicos, dous e dous, según ás súas propias palabras para todo o ano.
Ainda despois me atopei coa nai dunha amiga e cun veciño, que facía tamén ben tempo que non vía, uns contos, uns risos, desos que che saen de dentro, desos que cando te separas da persoa segues con el debuxado na cara durante un anaco.
Enredei bastante, case non dou chegado a oficina, pero cheguei e cheguei de bon humor. Nestos días, máis ca nunca, alédome de vivir nun pobo como Chantada, cunha xente maravillosa e coa posibilidade de atopalos polas rúas.
Eles non o saben e seguramente nunca o chegaran a saber pero aledaronme o día, eso non hai cartos que o paguen, pero ó mellor unha entrada de blog sí...
Bon finde!!!

miércoles 2 de septiembre de 2009
amistade
Ralph Waldo Emerson

Hai poucas cousas mellores que compartir intres coa xente que te quere e a que queres, esa xente que te aprecia por ser como eres sen te pretender trocar, que atura os teus días malos e se ri coas túas bromas.
Xente na que podes confiar, que te anima cando o precisas e que comprende como te sintes sen necesidade de explicarllo con palabras.
Xente coa que compartes momentos bos, malos e regulares, vivencias que lembrar con agarimo ó redor dunha mesa nun local calquera.
Xente coa que non tes que andar con reviravoltas, á que lle podes falar de fronte e craro.
É difícil atopar xente coa que poder compartir todas esas sensacións e mil máis, o máis difícil é que eles o queiran compartir contigo tamén, o que lle dan en chamar reciprocidade.
Por eso eu dou as gracias a quen corresponda.
Agora podería pechar a entrada con intres musicais estilo Amaral (son mis amigos ohhhhh), ou tantas e tantas cancións, pero tócalle a este slide pq. aínda non puxen fotiños das festas de Chanta e así aproveito.
Biquiños para os que están nas fotos e para os que non tamén(xa sabedes, non están todos os que son)!!!
GRACIÑAS!!!
lunes 31 de agosto de 2009
de fachadas e interiores
Maquiavelo

Hoxe, despois da lectura dun artigo de opinión sobre a forma de vestir no verán da xente, pregúntome se realmente é tan importante a forma de vestir dunha persoa en determinado intre, porque se e así vou ter que tomar máis en serio a decisión de cada mañá ante o roupeiro, nunca máis o de elexir unha camiseta porque sexa a primeira da morica de roupa, ou un pantalón porque sexa o único planchado.
Se alguén entra en chanclas nun restaurante estalle a faltar o respeto a alguén¿? Sería mellor que entrara vestido con traxe e garabata e se adicara a berrarlle os camareiros¿?
Resulta cando menos inquietante que nos tempos que corren aínda xulguemos as persoas por como van vestidas, coma se unha prenda de roupa tivera o poder de nos dar educación ou respeto, ogallá fora tan doado, sería cuestión de ir de compras.
lunes 24 de agosto de 2009
viernes 21 de agosto de 2009
adiante...
Amado Nervo

miércoles 19 de agosto de 2009
...sobre gustos...
Gústame:
velos debuxos animados
ollar un ceo estrelado
comer con fame
poñer ás zapatillas o chegar á casa
ollar á xente pola rúa
leer
viaxar
investigar todo o que me arrodea
pero sobre todo gústame facelo parvo
Gustaríame:
que trocara a programación da tv
que non houbera tanta contaminación
que ninguén pasara fame
que todo o mundo tivera un fogar
que a xente mirara máis aló do seu embigo
que a cultura fora un valor en alza
que non existiran as fronteiras
que aumentase o presuposto para investigación
...
pero sobre todo poder seguir facendo o parvo SEMPRE
lunes 17 de agosto de 2009
sorriso
Una gran sonrisa es un bello rostro de gigante.
Charles Baudelaire
1. Porque equivale a unha masaxe facial
2. Porque embelece o rostro
3. Porque axuda a esquencer as preocupacións
4. Porque abre as portas das relacións cos demáis
5. Porque crea felicidade ó seu arredor.
6. Porque aluma e quenta
7. Porque é de balde
8. Porque non leva moito tempo
9. Porque é un agasallo que calquera pode dar
10. Porque é algo que non che van poder roubar nunca
Por todo isto e por mil razóns máis...
mil sorrisos para todos!!!
Por una mirada, un mundo;
por una sonrisa, un cielo;
por un beso... ¡Yo no sé
qué te diera por un beso!
Gustavo Adolfo Bécquer
RIMA XXIII




